Varela

Varela

O último proxecto de Xosé Cannas baixo a marca paraugas do seu grupo Pepe Vieira é un restaurante no centro da vila de Pontevedra, no local da histórica ferretería Varela. O concepto artéllase arredor dunha cociña na que o lume representa o elemento central, revisitando con sutileza a figura xa clásica da churrasquería.

A proposta exténdese polas tres plantas do edificio, creando unha secuencia de ambientes alternativos, co obxectivo de dar resposta a preferencias e momentos diversos.

O carácter histórico da edificación, así como a identidade da antiga ferretería, determinan a linguaxe construtiva e a selección de materiais do restaurante. O carácter sobrio e industrial da arquitectura vaise equilibrando con elementos de menor escala, que aportan unha maior gama cromática e de texturas. O pragmatismo e a inmediatez da ferretería extrapólase ao deseño do equipamento do restaurante, resultando unha familia de pezas que harmonizan co contexto ao tempo que resolven necesidades específicas do novo uso.

Fotografías de Roi Alonso

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.