Varela

O local da antiga Ferretería Varela no casco histórico pontevedrés foi o lugar elixido por Pepe Vieira para desenvolver o seu novo proxecto gastronómico. O concepto xira arredor do lume como elemento de identidade, propoñendo unha cociña na que a grella convértese no eixo central.

A marca herda o nome orixinal da ferretería e a denominación popular de churrasquería como subtítulo descritivo, coa intención de resultar o máis cotián e próximo posible. Para establecer unha conexión ca marca matriz e integrar unha compoñente mecánica e industrial como referencia á antiga ferretería deseñouse unha versión stencil da fonte corporativa Vieira Sans de Mais Types.

O símbolo reproduce a dicotomía que ordena aos galegos en dúas metades: os que prefiren o churrasco de vaca por enriba do de porco e viceversa. Un grafismo que representa un animal bicéfalo, metade porco, metade vaca, que recolle o mellor de cada especie... o que podemos definir como o animal total.

Fotografías de Roi Alonso

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.