ON-Galpón

ON-Galpón

ON-Galpón é unha solución de equipamento que tenta, co mínimo número de pezas, dar apoio ás necesidades propias dun espazo de dormitorio, estar e, ocasionalmente, comedor ou zona de traballo. Un kit que aporta o xusto e necesario para desfrutar dun espazo que ten na relación co medio natural o seu maior activo.

Cada peza está pensada para resolver varias funcións, o que proporciona ao espazo unha maior flexibilidade e axilidade na súa configuración, así como unha maior optimización do espazo ocupado. De aparencia contida e sobria, as pezas toman referencias formais en solucións de mobiliario primixenias, ausentes de ornamento e de pretensión algunha.

O conxunto componse dunha peza de asento que funciona tamén como mesa de noite auxiliar de cama, unha mesa sobre a que poder traballar, comer ou mesmo depositar a equipaxe e unha peza portátil de iluminación.

Proxecto para Pepe Vieira
Fotografías de Roi Alonso

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.