Terán Blanco Palacio

Terán Blanco Palacio é un estudio de arquitectura compostelán situado na rúa do Pexigo de Abaixo, na mesma beira do parque de Belvís. Logo dun período inicial de consolidación, a estrutura experimenta unha nova etapa de crecemento para a cal decide facer axustes que teñen o seu reflexo na comunicación do estudio.

A nova identidade gráfica adopta a tipografía Atlántica Serif de Mais Types como elemento central, a partir da cal se van desenvolvendo unha serie de recursos que dan forma ás diferentes aplicacións. A proposta céntrase en sacar da escala habitual e poñer o foco en detalles da tipografía que habitualmente pasan desapercibidos polo seu pequeno tamaño. Un recurso que pretende identificar puntos de intersección entre a linguaxe tipográfica e a arquitectónica.

Estes elementos aplícanse de forma individual ou construíndo estruturas de maior orde, como se de módulos prefabricados que configuran celosías ou pavimentos se trataran. Unha referencia á metodoloxía de traballo do estudio, onde a sistematización das solucións e o coidado dos pequenos detalles resultan un sinal de identidade.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.