Tanatorio Iria Flavia

Tanatorio Iria Flavia

O proxecto de remodelación do tanatorio de Iria Flavia está orientado a analizar e mellorar a experiencia de uso das súas instalacións e servizos. O obxectivo era proporcionar solucións tanto no eido funcional como no emocional que acompañen e contribúan a paliar no posible un momento xa de por si difícil.

A xestión e aproveitamento da luz natural converteuse nun dos eixos clave do proxecto. Debía acadar as estancias interiores na proporción adecuada pero sen comprometer a necesaria intimidade do momento. Unha celosía de madeira exerce de filtro e imprime unha pauta formal e constructiva que se extrapola a un conxunto de pezas de mobiliario deseñadas a medida. A selección de materiais, cores e texturas pretenden enfatizar a naturalidade propia do momento e a súa ritualidade.

Fotografías de Roi Alonso, Cenlitros

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.