Spaşinho
Spaşinho é un novo centro de hidroterapia que nace en Albeida-Outes, da man da firma de aloxamentos rurais Cabaninhas do Bosque.
O zapateiro ou pita cega -gerris lacustris- é o símbolo que representa ó Spaşinho. É un insecto que se atopa nas augas limpas galegas e se despraza sobre a superficie sen afundir.
O circuíto termal está fragmentado e distribuído en diferentes inmobles e espazos auxiliares recuperados. A tella plana como soporte representa un sistema modular e flexible xa existente, que incorpora unha fixación mecánica sen necesidade do uso de adhesivos. A cerámica como material representa unha solución atemporal que convive dende tempos inmemoriais ca pedra ou a madeira e historicamente sempre estivo vinculada dalgunha forma coa auga. A súa cor terrosa e acabado mate confírenlle un aspecto natural e unha gran capacidade de integración tanto en espazos interiores como exteriores.
—
Deseño para Doartesanato
Colaboración con Tejas Verea
Fotografías de Nacho Santás, Roi Alonso