![](/static/media/image/l-89246-20230313165111.jpg)
Silvereira
O obradoiro de artesanía Silvereira, en beneficio de mellorar a súa imaxe de marca, decide facer unha revisión do seu sistema de embalaxe. Ademais dunha mellora nos eidos funcional e visual, tamén se define como obxectivo exercer un compromiso co coidado do medio ambiente.
A solución empregada conséguese a partir dunha única lámina de cartolina troquelada que se prega sobre si mesma, obtendo unha embalaxe ríxida e apilable. Tanto o peche como a unión lateral para conformar o volume prodúcense aproveitando as cualidades elásticas do propio material, sen necesidade de empregar outros materiais auxiliares.
![](/static/media/image/l-19024-20230313165609.jpg)
![](/static/media/image/l-94356-20230313165609.jpg)
![](/static/media/image/l-63115-20230315142048.jpg)
![](/static/media/image/l-51621-20230315145450.jpg)
![](/static/media/image/l-88341-20230315142610.jpg)