Roteiros creativos

Roteiros creativos

Os Roteiros Creativos do Bosque de Galicia son unha iniciativa que ten por obxectivo que a arte traspase os límites do museo e colonice os espazos verdes que rodean a Cidade da Cultura, incorporando deste xeito un interesante diálogo entre arte e territorio. 

Para mellorar a interpretación das pezas, así coma para sinalizar os itinerarios dentro da rede de camiños, resultaba necesario dispoñer dun sistema de sinalización. A solución debía ser flexible, cómoda nas labores de montaxe e transporte e, sobre todo, pouco invasiva e coherente co entorno no que ía estar instalada.

O sistema componse dunha serie de varas de madeira de diferente altura que se espetan no chan mediante unha punta metálica. Para proporcionar superficies de información empréganse ferramentas de traballo, nas que atopamos a perfecta unión entre un plano metálico inclinado e un cilindro vertical de madeira. Ademais desta cualidade mecánica, a descontextualización destes obxectos e o cambio de función permítennos establecer unha relación simbólica co uso anterior dos terreos que agora ocupa o museo.

Deseño para Cidade da Cultura
Fotografías de Roi Alonso

CLAP Platinum 2020

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.