
Premios COAG 2025
O COAG convoca cunha frecuencia bienal os premios de arquitectura e urbanismo, nos que o traballo dos colexiados opta a este recoñecemento nun total de doce categorías. A entrega dos premios ten lugar nunha gala onde se fai entrega aos premiados dun agasallo que representa a institución e a excelencia profesional.
O agasallo adopta o tixolo como símbolo da profesión, dende a honestidade e a humildade. Un sinxelo prisma cerámico de base cadrada que reproduce en cada cara unha das letras do acrónimo do colexio. A peza está realizada en barro de Buño e acabada con unha Terra Sigillata da mesma pasta.
O concepto tipográfico desenvolto para o trofeo serve de xérmolo para o deseño escenográfico, que vai xerando unha serie de pezas auxiliares de mobiliario e unhas estruturas que descolgan no fondo de escenario.
—
Fotografías de Roi Alonso e COAG
Deseño gráfico de Novagarda
Produción cerámica de Laura Delgado
















