
Parga
A pedra e a luz, dous elementos antagónicos que Parga busca unir na procura dunha imaxe case de ficción. A enerxía contida no interior dun mineral busca liberarse e saír ao exterior en forma dun intenso raio de luz directa.
Parga é unha colección que recupera a aplicación do granito para obxectos funcionais e decorativos en espazos interiores, aproveitando a neutralidade cromática e a súa textura natural. Un conxunto formado por tres pezas de diferentes diámetros e alturas, que empregan unha linguaxe formal que remite á talla lítica máis primixenia e rudimentaria.
O material empregado extráese nas canteiras de Parga-Guitiriz (Lugo) e provén do aproveitamento de descartes. Un granito compacto de tono grisáceo claro uniforme con pintas negras e granulometría fina.
Deseño para A-Emotional Light








