Óscar o carpinteiro
A solución gráfica xoga co símbolo tipográfico da coma como elemento que pola súa xeometría fai referencia ás virutas de madeira. Ademais de funcionar como símbolo da marca de forma illada, tamén forma parte do nome ao incluílo en tres dos cinco caracteres que o conforman.
Nas aplicacións, extrapolamos a técnica do gravado en quente, habitual en ebanistería, ás tarxetas de visita co fin de acentuar o valor artesanal do seu traballo.
—
Deseño para Óscar Penedo