![](/static/media/image/l-23003-20230309134028.jpg)
Oio
A definición conceptual dun tallo podería ser algo así como: mínima expresión formal e construtiva que dea resposta á necesidade máis básica de asento. Unha definición así de sinxela serviunos de guía durante o proceso de deseño. A maiores engadimos as condicións de lixeireza, apilabilidade e tamén a posibilidade dalgún nivel de personalización para establecer un vínculo co usuario.
O resultado deste proceso foi unha estrutura de dous pórticos trapezoidais de madeira que, por medio dun traveseiro central, quedan unidos e atirantados. Esta configuración apórtanos apilabilidade e a posibilidade de aplicar tratamentos diferenciais sobre o tirante en beneficio de certa exclusividade.
—
Deseño para Arial
Fotografías de Roi Alonso, Javi Brandido
![](/static/media/image/l-94948-20230314125645.jpg)
![](/static/media/image/l-70356-20230314125413.jpg)
![](/static/media/image/l-46437-20230309142825.jpg)
![](/static/media/image/l-94874-20230309141425.gif)
![](/static/media/image/l-30730-20230314100503.jpg)