Mobiliario urbano Oco

Oco

A marca de prefabricados de formigón Rodiñas atópase na actualidade inmersa nun proceso de crecemento e diversificación da súa actividade produtiva e comercial. Unha das vías que decide explorar é o desenvolvemento dunha liña de equipamento urbano. A primeira peza que lanza ao mercado é un sistema modular de elementos de asento/descanso producidos integramente en formigón.

Un sistema flexible tanto en tamaño como en composición, que proporciona unha gran capacidade de integración nos diversos contextos de instalación. A compoñente modular aporta a capacidade de crecemento e combinatoria a partir de dúas únicas pezas, producidas cun único molde, o que supón un considerable abaratamento dos custos de produción.

Fotografías de Roi Alonso, Marcos Morilla

Premio Paraugas 2022
Selección BID22

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.