Nebra

Nebra

Nebra capta o amencer estival a través dun fino veo de brétema. Unha luz característica do albor atlántico nunha época na que as primeiras néboas anticipan o outono. Un fulgor horizontal a modo de liña de horizonte que segundo se eleva vaise degradando e xerando unha atmosfera etérea e vaporosa.

Unha peza lineal de proporcións horizontais que integra dous tipos de iluminación: unha directa que proxecta de forma cenital e unha segunda indirecta que aporta unha iluminación ambiental tenue e suxerente. A irradiación lumínica en toda a superficie confírelle un aspecto ingrávido, algo que contrasta coa sobriedade expresiva da peza en estado apagado.

A colección está composta por unha secuencia de pezas de altura constante e lonxitude variable, un xesto que aporta flexibilidade e capacidade combinatoria á serie.

Deseño para A-Emotional Light

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.