Mobalco

Mobalco

Mobalco ten a súa orixe nun pequeno taller de carpintaría tradicional, facendo no tempo un percorrido até conseguir na actualidade un perfecto equilibrio entre a produción industrializada e o coñecemento e saber facer artesán. Un exercicio de integración do mellor de cada un dos modelos para conseguir un produto diferenciado e con alma propia.

Para expresar esa identidade con vocación contemporánea sen perder a esencia primixenia deseñamos unha tipografía corporativa de pau seco composta por sete pesos. A fonte incorpora unha serie de recursos formais e remates que están vinculados con determinados procesos empregados na carpintaría. Esta linguaxe aporta organicidade e plasticidade á tipografía pero sen comprometer a claridade, lexibilidade e flexibilidade necesarias.

A identidade apóiase na tipografía como o maior elemento de identidade e continuidade, establecendo un lixeiro e sutil fío condutor entre o conxunto de aplicacións corporativas.

Coa colaboración de Marcos Dopico

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.