Lusi

Lusi

A alteración dos hábitos de vida require dunha resposta dende o deseño de espazos e de equipamento, esixindo entornos flexibles e capaces de adaptarse a diferentes circunstancias. A tradicional diferenciación entre mobiliario doméstico e de oficina comeza a non estar tan clara, xurdindo pezas capaces de convivir en diferentes ambientes.

Nace coa intención de unir a calidez e proximidade do mobiliario doméstico e a limpeza e pragmatismo das solucións de oficina. Constrúese a partir dunha sinxela estrutura de madeira maciza de cedro ou freixo sobre a que se apoia un taboleiro contrachapado. A estrutura emprega unha linguaxe de culto ao material e ao oficio, mentres que a superficie faino nun tono máis sobrio e contido, vinculado á funcionalidade e a durabilidade.

Deseño para Alfonso Salgado
Fotografías de Roi Alonso, Javier Brandido

iF Award '23  |  Delta Bronce '22  |  Premio Paraugas '16

Tenda 100L

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.