Follow

Follow20

O Festival Follow é unha iniciativa que ten lugar na cidade da Coruña cada ano e nace co obxectivo de visibilizar mediante unha serie de accións o deseño feito en Galicia e o colectivo de deseñadores. Un dos contidos é unha exposición na rúa denominada Showcase onde se expoñen traballos de deseñadores galegos emerxentes.

O sistema expositivo está composto por unha secuencia de taboleiros que se van encastrando entre si en forma de X. Para evitar movementos e deformacións, unha corda vai percorrendo tódalas esquinas ata conseguir que tódolos esforzos resultantes se contrapoñan e o conxunto resulte en equilibrio.

O resultado é un sistema expositivo moi sinxelo e económico de producir así como rápido de montar, dado que non necesita de ningunha estrutura auxiliar de soporte nin elementos mecánicos de unión.

—

Fotografías de Roi Alonso, Follow

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.