Exenta

Exenta

Cuarto Pexigo é un proxecto que nace co obxectivo de proporcionar a creativos dun amplo perfil un espazo temporal de traballo e aloxamento, como soporte a calquera acción que poidan desenvolver en Compostela e arredores.

Todo se desenvolve nun único espazo, onde as pezas de mobiliario -Exenta- deben dar resposta ás diferentes necesidades que van xurdindo en cada situación. Unha familia de mobiliario polivalente que co menor número de pezas cobre as necesidades propias do ámbito doméstico.

A autonomía formal confírelle unha gran flexibilidade á hora de moverse no espazo, con independencia do seu tamaño e forma. Do mesmo xeito, o pregado e desmontaxe facilita a súa mobilidade, convertendo o sistema nunha solución lixeira e versátil.


Deseño para Cuarto Pexigo
Fotografías de Roi Alonso

Selección Dezeen Awards

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.