Cultura y Ciudadanía
Os encontros anuais de Cultura y Ciudadanía son unhas xornadas itinerantes que organiza o Ministerio de Cultura nas que se celebran actividades como: conferencias, obradoiros, mesas de debate, exposicións ou presentacións de novos proxectos do ámbito social e cultural.
Co fin de dar resposta ás necesidades propias dos contidos da edición celebrada no CGAC nace a instalación “A Lonxa”. Unha montaxe realizada a partir de caixas de peixe que vai resolvendo zonas de exposición, bancadas de asentos, volumes de almacenaxe ou soportes de sinalización. A modularidade e apilabilidade propia deste contedor é aproveitada para configurar un sistema construtivo moi sinxelo e flexible.
A maiores do eido funcional a instalación tamén tiña por obxectivo representar a identidade dun territorio fortemente vinculado ao mar e ao aproveitamento dos recursos naturais.
—
Fotografías de Roi Alonso














