Da árbore á cadeira

Da árbore á cadeira 

Da árbore á cadeira é o nome dunha exposición que ten lugar no Museo Centro Gaiás co obxectivo de amosar o patrimonio forestal galego e a aplicación das súas madeiras na fabricación de mobles.

O catálogo da exposición divídese en dous tomos: un referido ao valor paisaxístico do ecosistema forestal e un segundo a procesos de transformación e produtos derivados.

As cubertas conteñen unha peza de madeira que mediante a forma e a textura ilustran o contido de cada tomo. A peza circular procede dun corte transversal do tronco, amosando os aneis de crecemento da árbore; mentres que a cadrada pertence a un aserrado lonxitudinal, coa textura característica da veta. Estas pezas sobresaen do plano de encadernación provocando a ensamblaxe dos dous tomos coma se dunha peza única se tratase.

Deseño para Cidade da Cultura

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.