Concello de Pontevedra

O río Lérez e a ponte que o atravesa son os dous elementos fundacionais que dan razón de ser á cidade e unha personalidade diferenciada, como así queda reflectido no escudo municipal institucional. A nova identidade gráfica recolle a esencia e o significado dos símbolos históricos de representación da institución e incorpóraos a un discurso gráfico contemporáneo e coherente coas funcionalidades actuais.

A construción de marca mantén o escudo ou brasón municipal como principal elemento de representación institucional. Unha linguaxe de síntese formal e xeométrica que reduce a composición ao menor número de elementos en beneficio da sinxeleza e a lexibilidade. 

En aplicacións orientadas á proxección dos valores diferenciais e estratéxicos da cidade, a imaxe incorpora un sistema gráfico que aporta unha maior amplitude e flexibilidade á identidade, dadas as amplas e diversas necesidades de representación e comunicación dunha administración local como a de Pontevedra.

Fotografías lavadoiro: Javier Iglesias
Coa colaboración de Mikel Rúa

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.