Cabañitas del Bosque

Cabañitas del Bosque é unha firma do concello de Outes que nace no ano 2013 a partir da creación dun novo concepto de aloxamentos turísticos para estancias curtas. As cabanas propoñen unha experiencia inmersiva na natureza baixo criterios de sostibilidade e respecto polo territorio. Unha aposta por un novo modelo produtivo para o rural que ten na dinamización da economía local un dos piares fundamentais.

Considerando que a marca ten no nome o seu mellor activo, ata o punto de nomear esta nova tipoloxía de aloxamentos, a solución gráfica busca por enriba de todo a claridade e lexibilidade sen necesidade de representar o evidente. A identidade toma referencia en conceptos base da proposta arquitectónica como a regularidade xeométrica, a fragmentación, a modularidade ou a flexibilidade; declarando o seu carácter contemporáneo e afastándose da visión nostálxica e recorrente do rural.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.