Berrogüetto Kosmogonías

En palabras de Berrogüetto, Kosmogonías é unha reflexión entre a humanidade e o universo, unha chamada chea de optimismo cara a consecución dun sistema de organización máis xusto.

Asimilamos a mensaxe kosmogónica e deconstruímola, para despois aplicar cada un dos posibles enfoques nos diversos materiais que compoñen o disco. Así, creamos constelacións e símbolos que ilustran cada un dos sete berros, radiacións de fondo cósmicas que identifican á música cos seus creadores ou nebulosas ficticias que ilustran esta mensaxe común do disco.

O logotipo estilizouse e simplificouse, ó tempo que estableceron analoxías formais entre as construcións tipográficas “Berrogüetto” e “kosmogonías”. O libreto propón un xogo co lector: ademais da clásica estrutura lineal de lectura buscamos outros xeitos de ler e de ordenar, nos se que fan visibles mensaxes ocultas e relacións entre constelacións, berros e músicos.

Deseño para Berrogüetto

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.