Alto Residencial

Alto Residencial é unha cooperativa de vivendas de nova construción da promotora Arial, situada no barrio compostelán de Santa Marta. Para identificar as vivendas e espazos comúns da cooperativa así como orientar na circulación era necesario crear un sistema gráfico de sinalización que harmonizase coas solucións de arquitectura empregadas.

Tomando como referencia os panelados das zonas comúns, desenvolveuse unha tipografía e un conxunto de pictogramas definidos por puntos. O sistema gráfico comparte diámetro e separación entre puntos cas diferentes tramas dos panelados. Desta forma, destacando determinados puntos da trama podemos reproducir calquera dos grafismos que compoñen a linguaxe gráfica. Para este fin axudámonos de tapóns negros de goma, unha solución comercial, económica e de fácil instalación.

Fotografías de Roi Alonso e Cenlitros

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.