Aldea de Albeida

Aldea de Albeida

Albeida é unha proposta de aloxamentos rurais que engloba un núcleo recuperado de edificacións tradicionais habilitadas como apartamentos. Dada a dispersión de edificacións e espazos auxiliares, resulta imprescindible dispoñer dun sistema de sinalización que identifique os diferentes puntos de interese e oriente na circulación pola complexa rede de roteiros.

O sistema de sinalización busca establecer un diálogo entre os soportes e o repertorio de formas e texturas habituais neste tipo de espazos.A reprodución dos contornos das pedras busca a integración dos soportes metálicos nos padróns dos muros de cachotería. Ao mesmo tempo que se busca a integración a través das formas, tamén se busca o contraste da textura metálica sobre a base de pedra e lique para dar visibilidade. Unha fórmula que resolve a contradición de ser visible e invisible ao mesmo tempo.

Deseño para Cabañitas del Bosque
Fotografías de Roi Alonso

Mención BID20
Finalista Premios Paraugas 2020

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.