Abalo Méndez

Abalo Méndez

A ilustración da etiqueta representa unha gráfica a partir de catro valores medidos diariamente nos viñedos da bodega e que determinan as características particulares de cada colleita: horas de sol, temperatura media, nivel de precipitacións e humidade relativa. A etiqueta envolve o perímetro a modo de ciclo anual dunha botella de vidro transparente que expresa a honestidade da elaboración deste viño.

No deseño da embalaxe da botella aportamos un sinxelo kit que permite aproveitar a caixa como contedor para almacenar outro tipo de obxectos. Unha chapa metálica pregada que se desplaza pola cavidade interior a modo de separador e outra que se desliza polas ranuras da tapa, que fai as funcións de asa, conforman o kit de transformación.

Deseño para Abalo Méndez
Fotografías de Roi Alonso

Seleción Anuaria 2020

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.