A2

A2 é un estudio técnico integrado por un equipo diverso de perfís profesionais adicado á redacción e dirección de proxectos de enxeñería civil e industrial.

Despois dun amplo percorrido no tempo, o estudio está inmerso nun proceso de reestruturación, onde unha nova xeración toma o relevo na dirección e tenta acadar novos obxectivos máis ambiciosos.

Para ilustrar esta nova etapa redeséñase a marca e as súas aplicacións atendendo aos novos valores estratéxicos, facéndoa máis flexible e dinámica. A composición establece unha relación formal entre as partes, propia da lóxica construtiva, buscando o equilibrio mediante a interacción dos elementos que a conforman.

Deseño para A2 Proyectos

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.