Sinalización A Pedrachán

A Pedrachán

A intervención na ribeira do río Traba, moi preto da vila de Noia, ten por obxectivo dignificar un espazo social ligado a unha longa tradición cultural e que hoxe ficaba desatendido. A sinalización debía poñer de manifesto a capacidade xeradora de vida do río a través das súas múltiples formas de uso.

Un conxunto de sete pictogramas refiren ás diferentes tipoloxías de aproveitamento hidráulico desde a perspectiva humana. Estas ilustracións identifican os diversos gremios a través de posicións corporais, apeiros e formas de transporte extraídos de fotografías antigas.

Na produción do sistema empréganse materiais como a cerámica e a chapa de zinc. A textura da cerámica fai referencia ás tonalidades da area que o río deposita nas marxes, mentres que o zinc remítenos aos obxectos cotiáns de caldeiraría.

Deseño para Concello de Noia
Fotografías de Javier Iglesias, Cenlitros

Mención Anuario Select i

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.