13 Rosas

13 Rosas

O edificio 13 Rosas é unha cooperativa de vivendas que se ergue na rúa do mesmo nome no barrio compostelán de Santa Marta. O edificio en forma de ferradura configura en planta baixa un patio central delimitado por unha liña perimetral de soportais de gran riqueza espacial e de uso. Nun dos corpos laterais sitúase o local social, pensado para exercer de punto de encontro e fomentar a relación veciñal, para o cal se deseñou un conxunto de pezas de equipamento.

Un sistema de mesas e bancos de estrutura metálica e superficies de madeira, pensados para ser usados en interior ou exterior e almacenados contra a parede de forma cómoda e rápida. Para a zona de descanso disponse un sistema composto por unha serie de cestas metálicas modulares que poden ser usadas como mesa baixa, contedor de almacenaxe ou como estrutura de asento. O sistema péchase con dous tamaños de coxín que, mediante a súa combinación, permítennos conseguir tres tipoloxías diferentes de asento: sen respaldo, con respaldo baixo ou con respaldo alto.

Colaboración con Carbajo Barrios para Arial
Fotografías de Luís Díaz Díaz

Bolia Design Award

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.