Quod vulgus vocat

Quod vulgus vocat é o primeiro tomo dunha serie de tres publicacións do mestre e ornitólogo Xosé Manuel Penas Patiño, no que se estuda a través de 625 denominacións recollidas, como os paxaros van prestando o seu nome a lugares, cousas ou persoas desde tempos inmemoriais. O deseño das capas do libro segue o camiño inverso que seguiu Xosé na súa investigación, procurando obxectos cotiáns que desde un punto de vista determinado semellan paxaros.

Deseño para X. M. Penas Patiño

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.